BAÑOS DE BOSQUE
SESIÓNS DE BAÑOS DE BOSQUE
O Ecoespazo Borbela de Luz organiza tres sesións de Baños de Bosque (Shinrin Yoku) os días 1, 7 e 21 de xuño de 2025. Prezo 20€ por persoa.
Unha actividade ao aire libre para reconectar coa natureza e con nós mesmos, que combina benestar, relaxación e inmersión sensorial nun entorno único da Ribeira Sacra.
Datas:
Domingo, 1 de xuño
Sábado, 7 de xuño
Sábado, 21 de xuño
As datas límite para inscribirse son o 28 de maio, o 4 e o 18 de xuño, respectivamente.
En que consiste?
Un paseo consciente de 2,3 km polo bosque autóctono de Borbela de Luz, a ritmo lento, guiado para activar os sentidos, reducir o estrés e mellorar o benestar físico e emocional. A actividade comeza ás 9:45 da mañá e ten unha duración aproximada de 3 horas.
Beneficios dos baños de bosque
Tranquilizan, acougan a mente e permiten liberar tensións.
- Melloran vínculos e o amor propio.
- Reforzan o sistema inmunitario e equilibran o sistema simpático e parasimpático..
- Diminúen os niveis de cortisol) e a presión arterial.
- Activan os sentidos e a conciencia do presente
- Incrementan o benestar e a saúde aliviando patoloxías relacionadas co estrés.
- Aumentan a atención, a concentración, a creatividade, o estado de ánimo e o optimismo.
- Recuperan a conexión coa natureza e axudan a valorala máis
Localizacion
Lugar de encontro:
Ecoespazo Borbela de luz, Parroquia de O Pinto. Concello de Esgos . Ourense
Como facer a reserva?
Fai clic no botón de “Reservar praza” e abrirase un calendario de reservas. O prezo da actividade son 20€ por persoa.
No calendario, selecciona a data da sesión á que queres asistir (1 de xuño, 7 de xuño ou 21 de xuño).
⚠️ Por defecto, o sistema require escoller tamén unha data de saída. Simplemente escolle o día seguinte para continuar, aínda que a actividade só se realice o propio día.Preme en “Reservar agora” e enche o formulario cos teus datos persoais.
Ao rematar, realiza o pago para confirmar a túa praza. A reserva será válida unha vez completado o pagamento.
Cada participante entra no sorteo dunha estancia para dúas persoas na Cabana da Mariló.
📌 As prazas son limitadas a 20 persoas por sesión e adxudícanse por orde de inscrición. A actividade esta aberto a todas as idades.
Se tes algunha dúbida durante o proceso, podes contactar connosco a través da páxina de contacto ou chamar ao 670 522 838.