CONDICIÓNS DE CONTRATACIÓN

Para que a súa estancia en Borbela de Luz sexa despreocupada e relaxante, aclaremos antes da reserva as condicións que hóspedes e anfitrións deben cumprir. Teña en conta que a reserva implica a aceptación dunha serie de condicións que teñen como obxectivo facilitar a xestión da súa estadía:

PARA RESERVAR

Se xa verificou a dispoñibilidade dalgunha das nosas cabanas, pode realizar a reserva online.

Para iso, seleccione o aloxamento desexado e marque as datas de entrada e saída.
O pago do importe total efectuarase no momento da reserva, con tarxeta de crédito/débito.

Se ten algún problema ou dificultade, atenderémolo persoalmente no número de teléfono +34 670 522 838.

HORARIOS DE ENTRADA E SAÍDA

Hora de entrada ás cabanas: 16.00
Hora de saída: 12.00.

POLÍTICAS DE CANCELACIÓN E NON PRESENTACIÓN
  • No caso de anulación da reserva, sexa cal sexa a causa, devolverase o 50% do importe da reserva sempre que a baixa se produza ata 15 días antes da data marcada para a entrada no aloxamento.
  • Non presentacións (No show): No caso de non presentarse sen aviso previo, cobrarase o 100% do importe total da reserva.
IDADE MÍNIMA

Para reservar no noso aloxamento debe ter, como mínimo, 18 anos. A atención a clientes que viaxen xuntos só se realizará se hai, cando menos, un adulto con 18 anos cumpridos. Para realizar o rexistro de entrada será necesario o documento de identidade de todos os hóspedes maiores de 16 anos.

SEGURIDAD Y RESPETO

A súa comprensión e a súa colaboración son importantes para manter en excelente estado o
ecoespazo Borbela. Por iso, lembre:

  • A Cabana de Irene e a Cabana de Mariló son espazos libres de fume.
  • A natureza que configura a fraga autóctona de Borbela merece o respecto e o coidado de
    todos os que a gozan.
  • O cliente comprométese a deixar o aloxamento en perfecto estado. Se se producise algún dano, debe comunicalo á maior brevidade á xerencia.
  • Estamos ao seu dispor no número de teléfono +34 670 522 838.