tarxeta agasallo
Regala o Luxo de Sentir en Borbela de Luz.
Sempre hai algunha ocasión especial para un agasallo único. Sobran razóns e momentos para regalar emocións. Esencia, intimidade, natureza, silencio e un refuxio ideal para descubrir a Ribeira Sacra agóchanse nas tarxetas regalo de Borbela de Luz. Compartilas con alguén será unha lembranza perdurable.
Convidámolo a escoller entre as nosas cabanas:
- A Cabana de Mariló – Ideal para 2 persoas, cun deseño íntimo e acolledor e unha ampla terraza para sentir o exterior.
- A Cabana de Irene – Con dous dormitorios, salón e terrazas, para que o agasallo se multiplique. Perfecta para 4 persoas.
¿Cómo funcionan las Tarjetas Regalo Borbela de Luz?
Complete e envíe o seguinte formulario, indicando a cabana escollida e o número de noites.
A continuación recibirá un correo electrónico con indicacións para realizar o pago mediante transferencia bancaria ou Bizum.
Unha vez confirmado o pago, farémolle chegar unha Tarxeta Agasallo en pdf, lista para o seu reenvío á persoa escollida ou para a súa impresión. A tarxeta disporá dun espazo para incluír algunha mensaxe personalizada. Así mesmo, incluirá un código único para a reserva.