cabanas borbela de luz

RECONECTA, RESPIRA, REENCÓNTRATE

Actividade especial

Baños de bosque, os días 1, 7 e 21 de Xuño de 2025

O luxo dun jet privado?
NoN en Borbela de Luz

Aquí a viaxe é por carreiros asfaltados con follas e silencio… Ou por estradas sinuosas que nos descobren a monumental serenidade da Ribeira Sacra. Talvez por ambos.

CabaNas
Borbela de Luz

O luxo dunha orquídea Shenzhen Nongke?

NoN en Borbela de Luz

O luxo Borbela é o aroma do romeu e da lavanda, das fentas, da flor do toxo, do zume curativo da ceruda e desas fermosas herbas chamadas malas.

O luxo dunha arquitectura suntuosa?

NoN en Borbela de Luz

O luxo Borbela é combinar a contemporaneidade discreta dunhas cabanas de autor coa arquitectura tradicional dun secular muíño de auga. E, como marco, a arquitectura das árbores que agochan a pegada humana.

O luxo dunha froita exótica?

NoN en Borbela de Luz

O luxo Borbela é apañar castañas e amoras silvestres ou sorprenderse polos sabores veciños dun bo pan de leña, dunha bica de manteiga ou dunhas verduras de aldea. O luxo non é o light. A tradición é o luxo.

O luxo da hiperconectividade?

NoN en Borbela de Luz

O luxo Borbela non é desconectar. É conectar coa natureza e reconectar contigo. Aquí as corredoiras non serven para ir senón para estar. O luxo Borbela son 4 hectáreas para perderse, grandes paredes de cristal e muros históricos tan integrados na paisaxe que nin se ven; vivir co ritmo da natureza, coa luz solar pasando as follas do calendario e o rumor do río marcando as horas. O luxo aquí é o silencio humano, a oportunidade para unha boa soidade.