Arquitecturas en Borbela de Luz

A arquitectura é importante en Borbela de Luz. Pero tamén é prescindible. En realidade, un ten a sensación de que está e de que non está. As cabanas respectan a imaxe infantil de construción lixeira que pasa desapercibida, pero son moito máis. Camuflados entre troncos e gaias, a madeira, o ferro e o vidro reciben un tratamento contemporáneo para configurar unha imaxe sinxela que esconde pequenas sorpresas decorativas, minuciosamente estudadas, para que durmir, sentarse nun sofá, almorzar ou vivir a terraza sexan experiencias confortables de inmersión na natureza. Cada corte na estrutura, cada punto de luz artificial, cada fiestra… foron estudados para proporcionar as mellores sensacións.

Esta arquitectura contemporánea nace ao abrigo dunha edificación tradicional que dá orixe e nome a todo o este proxecto: o Muíño da Borbela. Tamén coñecido como Muíño da Xorda, esta pequena edificación protoindustrial aproveitou durante anos a caída das augas do río Grañal para fornecer de fariña as aldeas veciñas. A pedra combínase aquí coa madeira e co ferro para compoñer unha estrutura que se repite en todos os muíños de auga. A escuridade interior, coas súas pequenas xanelas, contrasta coa luminosidade das cabanas contemporáneas, pero o movemento da auga pola canle é o mesmo que marca o ritmo sonoro nun e noutro espazo.

A terceira pata do trípode arquitectónico de Borbela de Luz ten vida. É a fraga, coa súa arquitectura arbórea: exemplares novos conviven con outros que se debruzan mortalmente sobre o regato; recantos sombrizamente pechados suceden a pequenos claros… E, entre eles, silentes, unhas cabanas con pel de madeira en cambiante gradación cromática, aspirando a converterse nun habitante máis do espazo.

actividade

baño de bosque

Unha actividade ao aire libre para reconectar coa natureza e con nós mesmos, que combina benestar, relaxación e inmersión sensorial nun entorno único da Ribeira Sacra.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.