mariló e de irene
As Cabañas de O Pinto, A Riberia Sacra
Borbela emite a súa luz sobre dúas cabanas contemporáneas para reconectar co ser humano e coa natureza. Agóchanse nunha fraga bañada polo espíritu da Ribeira Sacra, pero ábrense a propostas cercanas de viticultura heroica,termalismo, gastronomía de quilómetro cero, olaría tradicional e sendeirismo fluvial. Os conceptos de wellness e glamping humanízanse e cobran esencia e autenticidade en 4 hectáreas de bosque autóctono que reciben, coma unha árbore máis, a estas casas de madeira viva. Máis alá das modas, Borbela de Luz é unha aposta e un compromiso de continuidade e respeto cara quen souberon transmitir o amor á terra. Como exemplo e homenaxe,las cabanas foron bautizadas cos nomes das nais da parella promotora.

A de Mariló
A luz, cunha galería de cristal que substitúe a parede principal do dormitorio, é a protagonista nesta cabana. Unha cociña con terraza propia para xantar ao ar libre, un baño que se integra visualmente no monte e un porche con acceso directo dende o dormitorio compoñen un conxunto que transmite sensacións inequívocas de recollemento e intimidade.
Servizos
- 2 persoas
- terraza
- enxoval
- cociña
- toallas
- Wifi
- baño
- kit limpeza
- smart tv
- climatización
- mascotas
- libre de fume
A de Irene
Para máis convidados ou para estancias máis prolongadas, a cabana de Irene imprime toda a súa esencia en tres espazos clave: o salón, o dormitorio principal e unha terraza de 30 metros cadrados na que é imposible non percibir todo o sabor do ecoespazo Borbela. A luminosidade e os xogos xeométricos apórtanlle orixinalidade a toda a vivenda, que dispón, ademais, dunha área de comedor, cociña con terraza, baño, lavandaría e un segundo dormitorio.
Servizos
- 4 persoas
- terraza
- enxoval
- climatización
- salón
- mascotas
- cociña
- toallas
- Wifi / smart tv
- baño
- kit limpeza
- libre de fume