MAGOSTO

MAGOSTO CELTA, CONSCIENTE Y SOLIDARIO
En plena Ribeira Sacra, Día 8 de novembro, a partir das 16.30 horas
100% beneficios doazón ao pobo palestino
Convidámoste a un Magosto diferente nun lugar único. No corazón de Borbela de Luz (O Pinto de Esgos, Ribeira Sacra), fusionamos a tradición ancestral do lume cunha filosofía de conexión profunda e respecto pola natureza.
Unha experiencia para reconectar. Seguindo a experiencia dos “Baños de Bosque” de Borbela, esta tarde está deseñada para respirar, sentir e reencontrarte baixo o dosel dos castiñeiros.
Compartiremos castañas, viño novo e a calor da fogueira coma un rito de benestar e comunidade. E, o máis importante, unimos a maxia coa solidariedade!
- Sábado 8 de novembro
16.30 horas
Borbela de Luz, O pinto Esgos (Ourense)
Contribución 25€ (O 100% da recadación destinarase a axuda humanitaria ao pobo palestino).
- Prazas limitadas para manter a esencia da experiencia.
Localizacion
Lugar de encontro:
Ecoespazo Borbela de luz, Parroquia de O Pinto. Concello de Esgos . Ourense
Como facer a reserva?
Fai clic no botón de “Reservar praza” e abrirase un calendario de reservas. O prezo da actividade son 25€ por persoa.
No calendario, selecciona a data do magosto (8 de novembro).
⚠️ Por defecto, o sistema require escoller tamén unha data de saída. Simplemente escolle o día seguinte para continuar, aínda que o magosto só se realice o propio día.Preme en “Reservar agora” e enche o formulario cos teus datos persoais.
Ao rematar, realiza o pago para confirmar a túa praza. A reserva será válida unha vez completado o pagamento.
📌 As prazas son limitadas. A actividade esta aberto a todas as idades.